En consonancia co artigo 25 LCSP, o presente contrato cualifícase como de servizos e ten por obxecto a prestación do SERVIZO
DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DA PASTORIZA, tanto en réxime de dependencia como de libre concorrencia, co fin de satisfacer
as necesidades de carácter domésticas e/ou do fogar, e de atención persoal, cuxa cobertura resulta propia deste servizo.O
obxecto do contrato é a prestación do ...
En consonancia co artigo 25 LCSP, o presente contrato cualifícase como de servizos e ten por obxecto a prestación do SERVIZO
DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DA PASTORIZA, tanto en réxime de dependencia como de libre concorrencia, co fin de satisfacer
as necesidades de carácter domésticas e/ou do fogar, e de atención persoal, cuxa cobertura resulta propia deste servizo.O
obxecto do contrato é a prestación do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia e libre concorrencia no Concello
da Pastoriza como programa de acción para os servizos sociais comunitarios, de acordo co disposto no presente PCAP, no PPT,
baseada nas competencias municipais establecidas pola Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local, no seu
artigo 25.2.e) e de acordo cos criterios establecidos na Lei 13/2008 do 3 de decembro de servizos sociais de Galicia que no
seu artigo 11.1.f) establece que a xestión do servizo de axuda no fogar corresponde aos servizos sociais comunitarios básicos,
así como a participación na xestión de prestacións dirixida a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, establecida
na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e coidado para persoas en situación de dependencia, o
que introduce importantes cambios que afectan a propia concepción dos servizos de axuda no fogar, as súas características
e a súa intensidade.